"El mismo día en que el ministro de propaganda de Hitler me ofrecio el cargo de director de la cinematografía alemana huí del país."
--Frizt Lang
axencia
 

Roger de Flor: Naturalidade Silvestre (2010) Trailer #1
CAAlonso Producións http://www.asmuxicas.com có apoio de Ruben Coca PC http://www.rubencoca.com \"Roger de Flor: Naturalidade Silvestre\" é unha longametraxe documental en torno a figura do cantante e compositor fenés Roger de Flor http://www.myspace.com/rogerdeflor , no que coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu derradeiro disco, intentaremos coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequeño aforo en Galicia, e profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta e independente. As opinións, pensamentos e sentimentos de camaradas músicos, xornalistas, escritores, poetas, melómanos e amigos do bardo limodrés, nos servirán para descubrir a un máis que digno sucesor do seu paisano Andrés do Barro. Roger de Flor é un artista que semella fora de época, coma o ianqui aquel da célebre novela da Mark Twain, pero que no lugar de atoparse desubicado na Corte do Rei Artur, inexplicablemente foi recalar a Ferrolterra, esa comarca en declive industrial crónico dende finais do século XX. UN DOCUMENTAL MUSICAL DE CARLOS ALBERTO ALONSO Canción: \"Alguien como tú\" (Roger de Flor/ Sergio Cabalo)
Date: 2010-02-09 05:10:04 - Added by:
Views: 10831 - Votes: 0 - Rating: 0
 
Como se fixo Minimo Comun Multiplo (2008) Making Off
Como se fixo Mínimo Común Mútiplo é unha peza audiovisual que pretende ser un ameno recordatorio do que aconteceu durante a rodaxe da curtametraxe Minimo Comun Multiplo de Ruben Coca http://www.rubencoca.com , protagonizada por Marta Larralde, Alex Neira, Ruben Riós e Fusa Guillén, entre outros.
Date: 2008-12-24 02:21:40 - Added by:
Views: 13340 - Votes: 0 - Rating: 0
 
Así se fixo A Casa de 1906 (2006) Making Off
Documental sobre cómo se realizou o primeiro docu-reality galego, coas opinións dos máis vellos habitantes da zona de Irixoa (onde se grabou o programa), declaracións dos membros do equipo técnico e un bo número de imaxes inéditas que non se viron nas emisións semanais.
Date: 2008-12-24 02:19:45 - Added by:
Views: 13302 - Votes: 0 - Rating: 0
 
[ 1 ]