| Hector Carré presenta en Cans a súa nova película Personal Movie |
|
|
| Eventos - Estrenos |
| Escrito por Juan Lesta |
|
Tódolos anos insistimos en que son moitas as razóns para asistir ao Festival de Cans, unha das citas máis interesantes en canto a festivais audiovisuais se refire. Este ano insistimos na recomendación, xa que entre moitas outras actividades e proxeccións, o compañeiro Hector Carré presenta mundialmente a súa nova obra, Personal Movie, este mesmo xoves ás 20:30, coa asistencia do director, e un amplo elenco de actores e técnicos da película. Son moitas as aparicións de compañeiros de CREA na programación, tanto oficial como en proxeccións especiais e coloquios, así que recomendamos que vos pasedes pola programación do festival, e vaiades preparando a vosa axenda. Por se todo isto non te convence, deixámoste unha ligazón, onde o propio coordinador do festival nos da 15 razóns para asistir a Cans: Quince razóns para ir a Cans Visitas: 2828 Trackback(0)
Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
|






