| Antón Reixa xa presidente da SGAE, tamén regresa aos escenarios. |
|
|
| Noticias - Otras |
| Escrito por Juan Lesta |
|
Onte como seguro xa sabedes o noso compañeiro Antón Reixa foi elixido novo presidente da SGAE. Reixa obtivo 24 dos 37 votos fronte aos 11 de Sastrón, que o levaron a ser o novo presidente da entidade. Da candidatura de Antón AUNIR xa falamos por aquí, pero hoxe toca darlle os parabéns e toda a enerxía e sorte posibles para impulsar a SGAE aos novos tempos, unha tarefa nada sinxela despois de todo o ocorrido na entidade. Pero ademais queremos felicitar a Antón por algo que quizais pase máis desapercibido, pero que seguro que lle traerá menos dores de cabeza, e moitas alegrías, o retorno de Os Resentidos, que preparan un concerto este sábado 12 en ExpoOurense para conmemorar o 30 aniversario da banda. Unha oportunidade única volver a rememorar clásicos da cultura galega como Galicia Canibal ou Sitio Distinto, nesta ocasión interpretados polo flamante presidente da SGAE. Aínda quedan entradas, tedes toda a información na web oficial de Os Resentidos. Se queres saber máis sobre a elección, pásate pola web da SGAE. Deixámosvos co vídeo colectivo que acaba de facerse do xa mítico Galicia Canibal. |
| Última actualización el Viernes, 14 de Septiembre de 2012 09:53 |




