|

Nesta ultimas datas estanse a acender as protestas no sector audiovisual en protesta pola falta dunha política audiovisual clara na última lexislatura. O rumor case que confirmado, e nunca desmentido, da desaparición de moitas liñas de axudas da por parte de AGADIC, como a de TALENTO (o I+D do sector), acabaron por levantar aos profesionais do sector e dicir “basta”. Así acaban de ver a luz dúas iniciativas, unha da Plataforma de Profesionáis do Audiovisual, na que se integra CREA, e outra promovida por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos, que apoiamos desde CREA, e que presentará un texto a AGADIC, en protesta pola desaparición da liña de axudas ao TALENTO.
No sector entendemos que nos tempos que corren é necesario asumir cambios, pero tamén sabemos que estes se poden facer doutro xeito máis intelixente, e que non desmantele un tecido que tantos anos e esforzo nos custou crear.
Nesta ligazón podes descargar en PDF o texto promovido por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos, e se qeres apoialo e asinalo, contactade con eles en
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
. Se estás interesado no texto da Plataforma de Profesionáis do Audiovisual podes descargalo en PDF nesta Ligazón.
Vos deixamos o texto integro da carta da Plataforma:
PLATAFORMA PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL A plataforma que aglutina as asociacións de profesionais do audiovisual reclama unha mellor xestión da política audiovisual por parte da Xunta de Galicia. Os 600 profesionais que están representados polas diversas asociacións de profesionais de Galicia queren chamar a atención da Administración sobre a ausencia dunha política audiovisual clara. Os profesionais consideran un erro que, logo de tres anos de lexislatura, siga sen haber dentro da estrutura da Administración ningunha figura con experiencia específica en políticas audiovisuais internacionais, o que provocou -e segue a provocar- unha deriva administrativa que dificulta o aproveitamento eficaz dos recursos públicos. Así mesmo, a plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, a I+D do noso sector- é unha medida equivocada, pois é a liña de axudas que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector, como testemuñan varias das producións máis exitosas dos últimos anos no audiovisual galego. Consideramos tamén:
- Reclamar, dunha vez, cales son as liñas da política audiovisual da Xunta de Galicia e cal é o seu plan para o sector, non só para o que remata de lexislatura, senón a medio prazo, coñecer o seu criterio. Rematar coa desorientación administrativa.
- Coñecer cal é o futuro organismo que vai asumir esas competencias do audiovisual e a súa posta en marcha inmediata (canto tempo hai que foi a reunión con Feijoo?). Saber quen é o interlocutor/a válido da Xunta en materia audiovisual. Quen é a persoa que traza a idea xeral da política audiovisual, a que nos pode recibir e departir cos profesionais. Un perfil que entenda o audiovisual e fale a mesma linguaxe. Cal é exactamente o organigrama previsto para o novo organismo audiovisual. Dar a coñecer un interlocutor válido.
- Demandar a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central, co conseguinte desastre para Galicia, onde o idioma é piar e razón de ser da existencia dun audiovisual propio.
- Garantir o papel da TVG como medio público, pero tamén como motor da industria e do mercado laboral dos profesionais. Coñecer o plan do organismo competente do audiovisual e da televisión pública a medio prazo. ¿Que tipo de producións pensan poñer en marcha? ¿Cales serán os criterios por onde podemos esta preparados para tirar? ¿Que tipo de medidas hai que coordinen os contidos entre organismos audiovisuais da administración e televisión pública para coñecelos os profesionais e poder rendibilizalos no noso traballo futuro?
- ¿Que plans teñen pensado para reactivar o sector mais alá do discurso “non-hai- un-peso”? Cales son as ideas para desenvolver o audiovisual nese contexto?
- Esixencia de cumprir con rigor os compromisos e condicións legais nos equipos técnicos e artísticos galegos nas producións e coproducións financiadas pola Xunta de Galicia-Agadic.
ENTREVISTA ANXO QUINTANILLA Febreiro 2012 (“A integración vai levar un tempo”) VAZQUEZ ANUNCIA NO PARLAMENTO (14/2/2012), a desaparición do Consorcio e unha portela única...
|