Outra fin de semana de recoñecementos ao audiovisual galego. PDF Imprimir
Usar puntuación: / 4
MaloBueno 
Eventos - Mostras e Festivais
Escrito por Juan Lesta   


Jorge Coira co seu novo premio por 18 Comidas

O audiovisual galego leva anos demostrando que a súa calidade e profesionalidade son un valor punteiro e indubidable.
Esta fin de semana, unha chea de premios veñen a corroborar que a calidade dos produtos audiovisual facturados en Galicia poden competir a nivel internacional en calquera aspecto, e mostra delo son os éxitos obtidos por varias produccións galegas en prestixiosas citas nos últimos días:
-18 Comidas do noso compañeiro Jorge Coira consegueu o Prix à la Residence (Premio Especial del Jurado) na 15 Biennale du cinema Espagnol d'Annecy.
-Vikingland de Xurxo Chirro obtivo o premio á Mellor longamentraxe na sección oficial internacional do PlayDoc.
-Dos fragmentos / Eva, de Ángel Santos Obtivo a Mención do Xurado Xoven da 15 Biennale du cinema Espagnol d'Annecy.
-Anacos de Xacio Baño obtivo unha mención especial do xurado do Festival Internacional de Cine de Las Palmas.
-Arrugas, de Ignacio Ferreras, e guión do noso compañeiro Ángel de la Cruz, obtivo o Premio fundación Borau, Opera prima no 22 Festival de Cinema Espagnol de Nantes.

Todos este premios e a longa lista que leva a recibir o audiovisual galego, dan fe do talento e nivel da produción galegas, e fan incomprensible o momento que por outra banda esta a vivir o sector, de desatención e falta de apoio, aínda máis incomprensible cando o talento audiovisual está a exportar a cultura galega alén do telón de grelos.

Visitas: 5576
Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
más pequeño | más grande

busy
Última actualización el Lunes, 26 de Marzo de 2012 17:07