| Preestrea de Dous de vintetantos de Manu Mayo |
|
|
| Eventos - Estrenos |
| Written by Juan Lesta |
|
There are no translations available. O noso compañeiro Manu Mayo, presenta este luns Dous de Vintenatos, un documental que aborda a dura realidade da siniestralidade viaria en Galicia. O acto está dirixido aos medios e a aquelas persoas que colaboraron na rodaxe do mesmo. O documental parte da experiencia en propia persoa de Manu, que perdeu aos seus pais cando tiña 17 anos, e que hai dous, estivo a piques de ter un accidente fatal no mesmo tramo da A6 mal sinalizado, no que máis tarde falecerían dúas persoas. Manu fai un seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da accidentalidade viaria galega, para achegarnos á durísima realidade que viven as vítimas, e pretende facernos reflexionar e servir didáctimamente para tratar de acabar con “esta lacra social” na que en moitos casos tanto a sociedade como a xustiza parace protexer ao delincuente máis que ás vítimas. O traballo é unha coprodución entre a TVG e Manu Mayo, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e pronto será programado na propia TVG. A preestrea terá lugar na Fundación Paidella este luns 28 Visitas: 1712 Trackback(0)
Comentarios (0)
![]() Escribir comentario
|






