|
Eventos -
Estrenos
|
 |
O noso compañeiro Manuel Abad, presenta o documental “Sexo, entre o ceo e a terra”, producido por Formateo e Faro Tv. A estrea terá lugar o vindeiro martes 24 de novembro ás 20:15h. No Teatro principal de Santiago de Compostela, dentro da programación de Cineuropa. O documental sobre o mundo do erotismo e o sexo en Galicia, abrangue desde sex shops ou videoclubes até o festival erótico de Vilagarcía, onde xurdiu a idea deste proxecto, segundo propio director. Trátase tamén a música, os locais de ambiente liberal e as asociacións como Alecrín. Téntase dar todas as visións posibles de quen quixo participar, desde as posturas ideolóxicas máis diversas e ás veces antagónicas.
Para ir entrando en calor podedes ver o trailer [Ligazón] QuickTime 7,6MB.
|
|
|
Trackback(0)
 |
|
Última actualización el Lunes, 23 de Noviembre de 2009 22:16 |