El Cosmonauta, unha arriscada aposta polo copyleft no cinema. PDF Imprimir Correo-e
Avaliación do usuario: / 5
RuínMellor 
Actualidades - Cinema
x
A produtora Riot Cinema, acaba de lanzar un proxecto realmente ariscado e innovador  no seu plantexamento de cara á súa produción, financiamento e distribución dunha longametraxe, EL COSMONAUTA.
O proxecto pretende acadar o seu orzamento total a base de pequenos produtores que poderán aportar dende 2€ comprando obxectos relacionados coa película na súa tenda.

O proxecto está nunha fase  de desenvolvemento bastante avanzada, como se pode ver a súa web, onde podemos descargarnos un completo dossier ou un borrador do guión.

Pero a innovación deste proxecto non acaba aquí, senón que a súa distribución tampouco seguirá as canles convencionais.
A película terá unha licencia Creative Commons, e o plan de Riot Cinema é o de estrear a película en internet en alta definición, estando dispoñible de balde para todo a mundo.

Este proxecto conta co apoio de diversas entidades, cosmonautas, universidades e incluso un director de proxectos espaciais da NASA.

No momento de cambio que vive a produción e distribución de longametraxes, onde non está claro cal será o modelo de futuro, parece interesante seguir a pista a este proxecto, xa que de saír adiante pode representar unha alternativa ao modelo actual.

Podedes seguir a evolución do proxecto na web ou blog do proxecto.

Visitas: 16200
Trackback(0)
Comentarios (2)Add Comment
64
...
escrito por Xes García, May 22, 2009
proxectos similares pero en curtametraxe de animación 3D son os da fundación blender
Elephant's dream:
http://www.elephantsdream.org/
e Big Buck Bunny
http://www.bigbuckbunny.org/
e o videoxogo Yo Frankie!:
http://www.yofrankie.org/

neste caso a financiación fíxose con preventas do DVD e merchandaising
0
...
escrito por Tono, May 29, 2009
Muy interesante smilies/cheesy.gif

Escribir comentario
más pequeño | más grande

busy
Última actualizaciónfeita en Xoves, 04 Xuño 2009 09:54