|
Written by Juan Lesta
|
|
Thursday, 31 December 2009 14:28 |
|
There are no translations available.
 |
|
Preestrea de Dous de vintetantos de Manu Mayo |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Monday, 28 December 2009 13:32 |
|
There are no translations available. O noso compañeiro Manu Mayo, presenta este luns Dous de Vintenatos, un documental que aborda a dura realidade da siniestralidade viaria en Galicia. O acto está dirixido aos medios e a aquelas persoas que colaboraron na rodaxe do mesmo.
O documental parte da experiencia en propia persoa de Manu, que perdeu aos seus pais cando tiña 17 anos, e que hai dous, estivo a piques de ter un accidente fatal no mesmo tramo da A6 mal sinalizado, no que máis tarde falecerían dúas persoas.
Manu fai un seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da accidentalidade viaria galega, para achegarnos á durísima realidade que viven as vítimas, e pretende facernos reflexionar e servir didáctimamente para tratar de acabar con “esta lacra social” na que en moitos casos tanto a sociedade como a xustiza parace protexer ao delincuente máis que ás vítimas.
O traballo é unha coprodución entre a TVG e Manu Mayo, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e pronto será programado na propia TVG.
A preestrea terá lugar na Fundación Paidella este luns 28
|
|
Nota de prensa da Coordinadora de asociacións profesionais do audiovisual galego. |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Thursday, 17 December 2009 12:18 |
|
There are no translations available.
 |
|
A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego mantivo unha reunión para abordar varios temas. Nesa reunión, a Coordinadora decidiu facer pública a súa postura en relación á Orde que desenrola a Lei do Cine aprobada polo Goberno Central, Orde que nestes momentos está recorrida na Unión Europea.
A Coordinadora efectuou unha denuncia na Unión Europea contra esta Lei incidindo na defensa da excepcionalidade cultural de Galicia e da produción cinematográfica independente no estado. Feitos estes, que a Orde desfavorece por completo e que están no espírito e letra da lexislación Europea, isto é promover unha práctica cinematográfica de carácter cultural, artístico e social acorde cos principios da Diversidade Cultural.
A Coordinadora xa ten escrito cartas explicando a súa postura diante da Presidencia do Goberno, da Ministra de Cultura, do Director do ICAA, e por ultimo diante da Unión Europea, para advertirlles e denunciar as contradición existentes entre as súas iniciativas lexislativas e a lexislación europea, como o proxecto de Lei de Comunicación Audiovisual coa cesión do 5 % para series, ou o Decreto da Lei do Cine publicado no BOE irresponsablemente sen a correspondente aprobación de Bruxelas..
A Orde do conflito, hoxe paralizada, levaría, de non corrixirse, a frustrar o desenvolvemento presente e futuro dun cine en galego e español independentes, entre outras consecuencias, por iso está no centro das preocupacións da Coordinadora, que así llo expuxo recentemente a Ignasi Guardáns, Director do ICAA nunha entrevista mantida en Santiago de Compostela.
A Coordinadora non entende nin comparte as acusacións dos que din que, tanto á parálise da Orde como o parón na produción cinematográfica proveñen das reclamacións presentadas en Bruxelas cando é evidente que é a súa temeraria publicación no BOE sen a correspondente autorización europea a única que pode paralizar o sector ou poñer en perigo a produción do ano que ven. Nunca se debeu publicar unha Orde sabendo que a Unión Europea tiña motivos máis que suficientes para rexeitala.
O parlamentario da Unión Europea Oriol Junqueras, do grupo Europa dos Pobos-Verdes (Edp-V) vai realizou a instancias da Coordinadora unha pregunta no Parlamento Europeo en defensa da esixencia dun interese artístico, cultural e social das producións a subvencionar. A Coordinadora, a través da voceira do BNG no Parlamento Europeo Ana Miranda, presentou ademais unha reclamación a Dirección Xeral da Competencia e a Comisión de Cultura do susodito Parlamento, que actualmente a ten en estudo.
A Coordinadora acordou igualmente dirixirse ó Director da CRTVG pedindo explicacións pola anunciada desaparición de varios programas culturais, así como presentar unha serie de propostas conxuntas ante a AGADIC de cara ás próxima convocatoria de axudas ó sector audiovisual.
A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego está integrado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación Galega de Guionistas (AGAG), Asociación de Técnicos de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA)
|
|
|
|
|
Obradoiros de cine para rapaces Nadal de Cine |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Wednesday, 16 December 2009 20:37 |
|
There are no translations available.
 |
Vigo vai acoller ao longo destas vacacións de Nadal un programa de obradoiros de cinema para os máis pequenos Nadal de Cine. A iniciativa vén da man da Asociación Vigo Film Commission e levarase a cabo no IES Audiovisual de Vigo entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro en sesión de mañá, de 9.00 a 13.30 horas. A proposta, vai dirixida sobre todo ás cativas e cativos de entre 4 e 12 anos.
O obxectivo básico é achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos a través duns obradoiros de cine eminentemente prácticos. Entre outros temas, abordarase cos nenos, a imaxe, a luz, o son, a cámara, montaxe, ou como se realiza unha película.
O programa completo, obxectivos, etc están na web da Vigo Film Comission.
O número de prazas é limitado polo que aquelas persoas que estean interesadas en inscribir a algún neno deben facelo a través da dirección de correo electrónico
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
indicando os datos do rapaz (nome idade, nome do pai e DNI e tlf. de contácto). O prazo remata o vindeiro venres 18! |
|
|
|
|
Estrea na TVG de Blanca Madison |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Monday, 30 November 2009 21:56 |
|
There are no translations available.
 |
Este luns ás 00:40h (noite de luns a martes), pasarase por primeira vez en Televisión de Galicia, Blanca Mádison, a longamentraxe ópera prima do noso compañeiro Carlos Amil. Rodada no 2000 con produción de Vici Produccions, estreouse no 2002. Foi seleccionada entre outros en Fantasporto, Festival Internacional de Cine de Porto (Portugal); Festival Internacional de Cine de Ourense; Festival de Florianápolis (Brasil); Cinespaña, Festival de Cine de Toulose (Francia). Conta no reparto con actores do nivel de Mario Gas ou Rosa María Sardá entre outros.

Urbano, que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison, cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra. Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra.
ficha completa da película aquí: AAG Blanca Mádison
|
|
|
|
|
|
Foro das industrias culturais CREATIVA en Vigo |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Monday, 07 December 2009 18:27 |
|
There are no translations available.
 |
|
|
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccão Regional de Cultura do Norte organizan conxuntamente o Foro das Industrias Culturais, un encontro multilateral e interdisciplinario entre empresas, creadores e artistas de distintos ámbitos do sector da cultura das dúas procedencias xeográficas que, baixo o título xenérico de CREATIVA, se desenvolverá en Vigo entre o 9 e o 19 de decembro. No que abrangue ao audiovisual, organizase Alfándega Audiovisual que está deseñado para ser un foro dos festivais clásicos e emerxentes do Sur de Galicia e Norte de Portugal mediante o achegamento á realidade tanto dos de nova creación coma dos de máis longa traxectoria.
A programación é a día de hoxe unha incognita e a web oficial de CREATIVA ainda non estrá operativa, así que para enterarnos da programación completa do evento teremos que asistir á presentación do acto, que será presentado diante dos medios de comunicación polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero, nun acto que terá lugar no Marco de Vigo o vindeiro xoves 10 de decembro ás 12:00 horas. Tamén participarán os coordinadores de cada área emática: xabier Alonso en música, manuel Vieites en escena, Juan penas en libro e produto gráfico e Xaime Fandiño no apartado adiovisual.
Máis información no boletín e_scena de decembro web do evento: http://www.creativacultural.com
|
|
|
|
“Audiovisual Galego. Un presente incerto, un futuro negro” este domingo en AchegArte |
|
|
|
|
Written by Juan Lesta
|
|
Thursday, 26 November 2009 15:26 |
|
There are no translations available.
 |
|
Este domingo temos outra razón para acudir a AchegArte, a feira da cultura Galega, organizada polo concello de A Coruña.
Enmarcado nesta feira a Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego na que está integrada CREA, organiza unha mesa redonda baixo o titulo “Audiovisual Galego. Un presente incerto, un futuro negro” na que se abordaran a actual situación do audiovisual galego baixo a visión das asociacións profesionais, así como as últimas novas sobre a lei do cine paralizada en Europa, e que tanto rebumbio está a levantar.
A mesa celebrarase o vindeiro domingo 26 ás 12:30h na sala Bitácora no Palexco, e estará integrada por Juan Morgade (Presidente de ATEGA, a Asociación de Técnicos), Vicente Montoto (Presidente da AAAG, Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Carlos Ares (Vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas) e Xavier Bermudez (Presidente de CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia)
Non esquezas que o sábado temos outra interesante cita en AchegArte da que xa te falamos, co pase de "A mirada de Anna". |
|
|
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>
|
|
Page 2 of 12 |