EGRS e ICCP: Uso de fotografías para mellorar os vídeos
Written by Juan Lesta
Thursday, 20 August 2009 12:37
There are no translations available.
Os alumnos do departamento de “Computer Science and Engineering” da Universidade de Wasington, veñen desenvolvendo un impresionante sistema de mellora da calidade dos vídeos. O sistema en fase de desenvolvemento, baséase na mistura de secuencias de vídeo e fotografías das mesmas escenas, analiza o vídeo, e mediante uns algoritmos desenvolvidos por eles mesmos, incorpora á imaxe toda a resolución dispoñible nas fotografías, que en principio terán maior resolución e rango dinámico que o vídeo. Resumindo, o sistema nos permitiría rodar un plano en baixa resolución, e tirando unha secuencia de fotografías ao mesmo tempo, combinalas con estes sistemas e obter un plano final en alta resolución. O sistema ademais de mellorar a resolución dos planos, permite: aplicar modificación dinámicas do tempo con alta calidade, co que tamén podemos crear secuencias de cámara rápida e lenta; utilizar sistemasfotográficosHDR (High Dinamic Range) no vídeo; facer axustes de exposición; e facer retoques e manipulacións avanzadas. O sistema divídese en dous programas independentes, un para secuencias estáticas EGRS e outro para secuencias con movemento ICCP. Por se fose pouco, estes alumnos están a desenvolver os proxectos en código aberto, baixo licenza GNU General Public License (GPL). Persoalmente sempre fun escéptico con este tipo de ferramentas “máxicas”, pero esta paréceme realmente interesante e ben fundamentada, ademais de abrir un incrible mundo de posibilidades de cara á posprodución de vídeo.
Información ampliada dos proxectos, descarga de códigos, documentación, etc. nas webs dos proxectos (inglés): EGSR, ICCP Especialmente recomendables e impresionantes os dous vídeos explicativos nestas webs.
Rubén Coca seleccionado en Animadrid e no Festival de cine de Madrid
Written by Juan Lesta
Monday, 17 August 2009 16:42
There are no translations available.
Seguimos a falar de compañeiros de CREA, nesta caso de Rubén Coca, que acaba de ser seleccionado en dous importantes festivais de cine de Madrid. Por unha banda tres das súas creacións “Mínimo Común Múltiplo”, “La princesa Alegría” e “A nena que tiña una soa orella” competirán no XVIII Festival de Cine de Madrid-PNR.
Por outra banda a curta de animación producida por el mesmo “A nena que tiña una soa orella” foi seleccionada tamén no prestixioso Animadrid, unha das máis importantes citas adicadas á animación do estado.
Para ampliar información sobre os traballo de Rubén podedes acceder a súa web: http://www.rubencoca.com/
O noso compañeiro, membro de CREA, Jairo Iglesias, ven de arrancar un novo proxecto, esta vez como socio fundador da produtora Pixel Films, dentro da que ocupa o posto de director de desenvolvemento. A produtora presentase como unha empresa de servizos de produción coas coñecidas cámaras Red One. Segundo eles mesmos: “Pixel Films, é unha produtora de cine dixital especialista en rodaxes con equipos RED ONE e todo o seu fluxo de traballo. Dende o nacemento e chegada das primeiras RED ONE fai un par de anos, os compoñentes de Pixel Films vimos traballando con ela en diferentes postos de responsabilidade dentro de diversas producións profesionais. Agora decidimos unirnos baixo a produtora Pixel Films, pola confianza na calidade do cine dixital 4K e dunha cámara que está a marcar un antes e un despois na cinematografía mundial. Os anos e traballos de experiencia permítennos ofrecer servizos completos en calquera parte do fluxo de traballo. Un dos nosos obxectivos é ofrecer fluxos de traballo personalizados pasando por cada unha das fases da produción de cine dixital 4K. Así os nosos clientes só terán que preocuparse da parte creativa”.
Son moitos os directores galegos que acaban fundando a súa propia produtora, en moitos casos para canalizar os seus proxectos, entre os que me atopo. O eterno debate é se este fenómeno é natural e saudable, ou se os directores acaban por facerse empresarios, froito dun sector audiovisual cunha estrutura na que non atopan a canle necesaria para desenvolver o seu traballo. ¿que opinades vos?
Máis información sobre Pixel Films na súa web: pixelfilms.es
Rematou a V edición de OFestivalON en Ribadeo (antigo Festival ON&OFF) . O evento ademais de ter as habituais proxeccións e ciclos audiovisuais, destaca polas actividades paralelas que converten a Ribadeo na capital galaica do audiovisual durante os días que este ten lugar. Entre outras podémonos atopar con rodaxes de curtas (A toda mecha), impártense obradoiros, actividades para cativos (Caixiña de mistos), ou organízanse proxeccións tamén para a audiencia de menor idade, na que eles mesmos votan o seu “palmarés” particular.
Os gañadores desta edición son: Misto de Pau de Sabugueiro á Mellor Curta de Ficción: On the line, de Jon Garaño Misto de Pau de Carballo: A fábrica, de Marcos Nine Misto de Pau de Castiñeiro á Mellor Curta de Animación: El misterio del pez, de Giovanni Maccelli Misto de Pau de Luoreiro, premio do público para o documentario: Ferro Ardendo, Miguel García Fernández
Coa chegada do verán os nosos hábitos de ocio e consumo audiovisual cambian radicalmente. Todos sabemos que a audiencia da Tv se desploma, os cines están baleiros nas sesións de primeira hora (a xente prefire a praia). Pero por outra banda rexorden as actividades propias do bo tempo: churrascos, verbenas, sardiñas, festas populares, e como non O CINEMA AO AIRE LIBRE. Son poucos os concellos que non programan algunha sesión de cine na rúa, na terraza ou na praza do concello. Unha boa escusa para disfrutar da pantalla xigante de balde e en condicións e enclaves cando menos relaxados e pouco frecuentes.
A mágoa é que resulta difícil estra ao tanto destas programacións, loxicamente esporádicas. Tras investigar na rede atopei algunha programación para agosto, que enlazo ao final.
Se coñecedes algunha outra, non dubidedes en facérnola chegar deixando un comentario a esta nova, e así estaremos todos informados, e porque non, igual decidimos visitar a vosa vila coa desculpa do cine ao aire libre.
Resolución de parte das xudas da AGADIC ao sector audiovisual 09
Written by Juan Lesta
Wednesday, 05 August 2009 18:41
There are no translations available.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer pública a resolución de dúas das súas liñas de axuda ao audiovisual convocadas o pasado mes de febreiro.
En concreto trátase das convocatorias: -Producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural. (Resolución Pdf) -Creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. (Resolución Pdf) Segundo a AGADIC, o resto de convocatorias pendentes de resolución, resolveránse antes do próximo 31 de agosto.
Máis información, e descarga do listado dos seleccionados, nesta ligazón: Resolución AGADIC.
Convocadas as bolsas de estudos audiovisuais do Consorcio Audiovisual de Galicia
Written by Juan Lesta
Tuesday, 28 July 2009 23:48
There are no translations available.
O Consorcio audiovisual de Galicia, convoca un ano máis, bolsas para a ampliación e perfeccionamento de estudos no eido audiovisual. Entre os beneficiarios distribuiranse os 30.000€ que ten asignados esta iniciativa. As axudas cobren ademais dos gastos de matrícula no centro que se seleccione, os gastos relacionados co desprazamento e a estancia dos bolseiros, nas cidades onde realicen a actividade formativa. Os estudos deberán de realizarse no curso 2009-10 no territorio nacional ou no estranxeiro. Non se aceptan os cursos on-line, os destinados á obtención dunha licenciatura, diplomatura ou título de doutoramento e os realizados dentro da nosa comunicade autónomaA convocatoria presentouse o pasado 24 de xullo, e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata 25 de agosto de 2009.