Welcome to CREA
O Instituto Cervantes presenta: Mundo aparte. Nuevo videoclip español PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 17 September 2009 16:39
There are no translations available.

O videoclip español vive un rexurdir, propiciado polo esforzo de pequenas produtoras como Common Films, Nanouk Films, Lles Nouveaux Auteurs ou Estruendo Filmmakers, que dende a independencia ofrecen pezas innovadoras e de calidade que beben da arte contemporánea e experimental. 

O Instituto Cervantes presenta este xoves 17 en Madrid, un ciclo que en tres sesións,  pretende presentar nas sedes que ten en todo o mundo, o estado actual do vídeo musical Español
O ciclo, componse dunha veintena de pezas audiovisuais, escollidas entre a produción máis recente do vídeo musical experimental español, na que destacan novos realizadores e artistas plásticos, autores dalgúns vídeos emblemáticos. 

Na presentación contarán con Susana Blas, comisaria do ciclo; Óscar Romagosa, produtor de Nanouk Films, e o realizador Luís Cerveró.


Mundo aparte, conta con presencia de produción galega, en concreto co videoclip Bailando de Astrud, dirixido por Juan Lesta e Belén Montero.




O ciclo comenzará a súa andadura internacional, na sede de Dublín en Irlanda o próximo día 25 de outubro.
Maís información na web do instituto cervantes : Mundo a aparte

 
Mostra de ciencia e cinema, previo da sección oficial na web. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 13 September 2009 23:01
There are no translations available.




O pasado mes de maio falábavos da segunda edición da Mostra de Ciencia e Cinema que ía ter lugar na Coruña entre o 26 e o 31 de outubro. Unha mostra que presenta interesantísimas proxeccións e actividades o redor do audiovisual científico.
A data achégase, e na mostra están xa a quentar motores.
Dende finais de xullo, na web da mostra presentan periodicamente adiantos e sinopses dos traballos  seleccionados para formar parte da súa sección oficial.
A calidade coma o ano pasado é realmente alta, e calquera afeccionado á ciencia ou ao audiovisual de temática científica non deberá perderse esta mostra, que non abarca únicamente formato documental, senón que tamén acolle pezas experimentais e outros formatos audiovisuais.

Para abrir boca, vos propoño dúas pezas seleccionadas:
Addicted to Plastic (Ian Connacher, 2008) [
Web oficial] un interesante traballo sobre a presencia do plástico nas nosas vidas, unha viaxe na procura do que realmente sabemos sobre un material multiusos que nos descobre ademais o legado tóxico dos plásticos e os homes e mulleres encargados da súa limpeza e reciclaxe.


Para rematar,  Calling E.T. (Prosper de Roos, 2008) [Web oficial], documental sobre un grupo de persoas que se preparan para o inimaxinábel: que acontecería se os cidadáns da Terra entrasen en contacto cunha intelixencia extraterrestre?


Recomendo non deixar de visitar a
web da mostra, para ver o resto das películas seleccionadas. http://cienciaecinema.org

 
Un ajuste de cuentas y La noche que dejó de llover en Cinespaña 09 PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 11 September 2009 13:03
There are no translations available.

Dende hai 14 anos e durante o mes de outubro, as salas de Toulouse e da rexión de Midi-Pyrénées viven durante uns días ao ritmo español.

Este ano, do 2 ao 11 de outubro de 2009, en colaboración coa Cinemateca de Toulouse, o Instituto Cervantes, a Casa de España, l'ESAV (Escuela Superior de Artes Audiovisuales de Toulouse), así como coas salas ABC, UGC, Utopia e outras repartidas por toda a rexión, que dan soporte a este festival.
Cinespaña ofrece a mellor produción española ao público francés. 
Películas inéditas, estreas, cine-concertos e obras mestras do cine español serán acompañadas por numerosos invitados.

Nesta ocasión teremos representación Galega e de socios de Crea, xa que dous películas de compañeiros están seleccionados na sección Panorama, que agrupa unha longa selección de longametraxes e curtametraxes recentes que tentan descubrir a riqueza e a calidade das producións españolas.

Os seleccionados son:

Un ajuste de cuentas de Manane Rodriguez


Dirección : Manane Rodriguez
Actores : Pedro M. Martínez‚ Paulina Gálvez‚ Andrea Guardiola‚ Nur Al Levi‚ Myriam Méziéres‚ Juan Querol

Producción : Xamalú Filmes

Guión : Xavier Bermúdez

Fotografía : Alfonso Sanz, César Hernando
Musica : Coché Villanueva




La noche que dejó de llover de Alfonso Zarauza


Direccción : Alfonso Zarauza
Actores : Luis Tosar‚ Nora Tschirner‚ Chete Lera‚ Miguel de Lira‚ Mercedes Sampietro‚ Fede Celada‚ Cristina Solano

Producción : Iroko Films, Perro Verde Films

Guión : Alfonso Zarauza

Fotografía : Carlos Arenal

Musica : Piti Sanz, Iván Laxe


Mais informacion de Cinespaña na súa web: www.cinespagnol.com

 
The Auteurs, cine de autor en liña PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 07 September 2009 00:03
There are no translations available.

O mundo da distribución de contidos culturais, música, cine, tv, etc, esta a vivir unha forte transformación coa aparición da internet.
Parece obvio que as canles tradicionais de compra de obxectos físicos (CDs, DVDs...) está condenada á desaparición, ou cando menos a converterse nun sistema de distribución minoritario.

Nestas circunstancuias están a xurdir unha grande cantidade de ofertas en liña para tódolos gustos e esixencias.

Dentro de toda esta nova oferta xorde The Auteurs, un portal de visionado de cine de autor, con intención de iren máis aló e converterse nunha auténtica rede social de cinéfilos, interesados no cine de autor, e acostumados ao cine de alta calidade.

En The Auteurs poderemos ver dende a nosa casa as presentacións de festivais tan importantes coma Cannes, Berlinale, Venecia, San Sebastian, Sundance... e moitos outros cos que veñen colaborando.
Pero non se limitan a cine de estrea ou presentacións, senón que tamén ofrecen o visionado de clásicos de tódolos tempos.

O sistema ofrece  películas gratis, pero a maioría funciona cun sistema de pago por visión que custa  5€ por película, que persoalmente atopo algo caro. Pero existen opcións de bonos de visionado ilimitado mensual por 18€/mes, unha oferta realmente interesante para calquera cinéfilo que se precie de selo.

De momento son poucas as películas que dispoñen de subtítulos a linguas que non sexan o inglés, pero teñen previsto ofrecelos no futuro.

The Auteurs foi fundada en 2007 por Efe Cakarel, e está respaldada por Celluloid Dreams, The Criterion Collection e Costa Films, co apoio do Programa MEDIA da Unión Europea, e é socio exclusivo da Fundación do Cine Mundial.
Teñen sedes en Palo Alto, Nova Yorke, París e Londres,

Para acceder a unha demostración do que ofrecen: http://www.theauteurs.com/dashboard

 
Resolución das subvencións a interactivos da AGADIC PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Tuesday, 25 August 2009 10:47
There are no translations available.

A Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de facer pública a resolución das subvencións para o  desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega, convocadas o pasado 30 de xaneiro para o ano 2009.
A convocatoria bianual, ten un crédito de 350.000€ repartidos en dúas anualidades. 150.000€ correspondentes ao 2009 e 200.000€ ao 2010.


Máis información, e descarga do listado dos seleccionados nesta ligazón: Resolución AGADIC (PDF 56K) .

 
Resolucións subvencións desenvolvemento de proxectos, e produción de curtametraxes e videoclips PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 02 September 2009 12:12
There are no translations available.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de facer pública a resolución das subvencións para o  desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e as de produción de curtametraxes e videoclips.


Máis información, e descarga do listado dos seleccionados nestas ligazóns:
Resolución AGADIC  das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais (PDF 56KB) .
Resolución AGADIC  das subvencións á produción de curtametraxes e videoclips (PDF 64KB)
 
Homenaxe aos 8-bit PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 24 August 2009 12:15
There are no translations available.

Acabo de recibir vía Microsiervos outro interesante vídeo feito coa técnica stop-motion, que rende homenaxe aos xogos de 8-bits.
Para os non iniciados, os xogos de 8 bits son aqueles que nos anos oitenta enchían as salas de xogos con “marcianitos”, “come cocos”, e demais personaxes pixeladas, no que tanto tempo e moedas investimos os da miña xeneración.
Nesta entrada máis que escribir, vou recomendar catro interesantes vídeos baseados na estética 8-bit, un deles dirixido por dous socios de CREA.

ANIM01 Dir. DSK (Juan Lesta & Belén Montero)


The White Stripes - Fell In Love With A Girl. Dir. Michel Gondri


8-bit trip, Dir. Tomas Redigh

Hey Hey 16k Dir. Rob Manuel

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 6 of 12