"Cuando ruedo una película y la termino la veo sin sonido. Sí se entiende perfectamente se que he dado en el blanco. Ha quedado perfecta."
--Alfred Hitchcock
axencia
Welcome to CREA
Curso de prevención de riscos laborais no audiovisual PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 07 October 2009 11:31
There are no translations available.

O Cluster Audiovisual Galego organiza tres cursos intensivos sobre riscos laborais no eido da produción audiovisual. Os cursos terán lugar os días 14, 21 e 28 de outubro de 09:00 a 14:00h. e de 16:00 a 19:00h. No ITE Caixa Galicia da Coruña.
Os obxectivos xerais do curso son mellorar as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras do sector audiovisual de Galicia, e implicar a todolos membros da empresa nas actividades preventivas para evitar danos persoais e materiais.
Especificamente preténdese formar os traballadores do sector audiovisual galego en materia de Prevención de Riscos Laborais, xerar novos coñecementos en prácticas de seguridade e saúde laboral, e proporcionar ferramentas que desenvolvan actitudes positivas ante a prevención de riscos laborais.


Faráse entrega dun diploma acreditativo aos asistentes que entreguen o cuestionario debidamente cumplimentado.

Os cursos están limitados a 20 prazas e son de balde, así que se andas interesado apuntate remitindo o formulario de inscrición ao seguinte mail, This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it , dentro dos prazos establecidos:
para o curso do día 14 de outubro o prazo máximo é o 9 de outubro
para o curso do día 21 de outubro o prazo máximo é o 19 de outubro
para o curso do día 28 de outubro o prazo máximo é o 26 de outubro

Máis información sobre os cursos descargando o dossier (Ollo é un PowerPoint!!! 395KB)


 
Carta a Zapatero sobre o 5% de inversión en cine. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 04 October 2009 20:14
There are no translations available.

A continuación podedes ler a carta que a Coordinadora de asociacións profesionais do audiovisual  enviou recentemente ao presidente Zapatero, e que aborda o tema do 5% de inversión en cine das televisións que se trata na nova lei audiovisual en fase de anteproxecto, e que inclúe dentro de este 5% a produción de teleseries.
Se queredes adherirvos a esta carta, podedes facelo nesta ligazón:
http://www.blogoteca.com/5x100paracine/index.php

D. José Luís Rodríguez Zapatero
Presidente
Goberno de España


A Coruña, 9 de xullo de 2009


Distinguido señor:
As organizacións profesionais do audiovisual en Galicia (Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación Galega de Guionistas (AGAG), Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA)), sabedoras do intento de desvirtuar o espírito da lexislación europea verbo da obriga das televisións de investir na produción cinematográfica de produtoras independentes, MANIFESTAN:

1)A súa rotunda oposición á pretensión expresada no artigo 4 do anteproxecto da Lei xeral da comunicación audiovisual, de que ese 5% poida ser dirixido á produción de series ou calquera outra fin distinta da establecida na normativa da Unión Europea, e recollido na vixente lexislación española.

2)Que debe manterse, tal como establece a Lei 22/1999 “a obriga de que os operadores de televisión destinen un 5 % dos seus ingresos ao financiamento de longametraxes cinematográficas” e que “deberá destinarse a producións cuxa lingua orixinal sexa calquera das oficiais en España”.

3)Que tal como recolle a Lei 25/1994 das directivas europeas, no seu artigo 3, se respecte a definición de: “Produtor independente, aquela persoa física ou xurídica que non sexa obxecto de influencia dominante por parte das entidades de radiodifusión televisiva por razóns de propiedade, participación financeira ou das normas que o rexen”.

Aínda no suposto de resultar xuridicamente viable facer o cambio lexislativo que o anteproxecto da Lei xeral da comunicación audiovisual propón, que entendemos que nestes momentos de acordo á lexislación vixente non o é, esta decisión que toma o goberno español supón unha clara posición contra as necesidades, non xa de crecemento, senón de subsistencia do cine español e, xunto con el, do cine da Unión Europea. Como entendemos que este non pode ser, de ningunha maneira, o seu propósito, instámolo, encarecidamente, a que revise este anteproxecto e estendemos a nosa solicitude a todos os grupos parlamentarios, aos que lle enviamos copia deste documento.
 
Ciclo de animación na Fundación Luis Seoane PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 30 September 2009 16:52
There are no translations available.


foto ©Fleischer Studios
Do 2 ao 10 de outubro, a Fundación Luis Seoane de A Coruña ofrecerá unha escolla excepcional de películas que reúne a moitos dos máis destacados autores da animación do século XX. Este ciclo pretende ofrecer unha visión o máis ampla posible dunha arte que comezou de xeito experimental e que foi transformándose pouco a pouco ata converterse en parte imprescindible da expresión artística contemporánea, a través da obra de artistas coma Winsor McCay, Emile Cohl, Bill Plympton e moitos outros.

Durante nove días, a Fundación proxectará unha serie de obras que ofrecerán ao espectador poder coñecer a animación primitiva, as películas animadas dos anos vinte, a animación expresionista e de vangarda, as escolas do Este, e dúas sesións especiais: unha, dedicada a Bugs Bunny e outra ao traballo de Bill Plympton. O ciclo contará así mesmo cunha sesión dedicada a Ladislas Starevich, o que supón unha oportunidade para coñecer a un animador xenial pero descoñecido para o gran público. As súas películas de animación de insectos constitúen hoxe en día un documento único.

As sesións terán lugar os días 2, 5, 6, 8, 9 de outubro ás 20:00, 3 e 10 en dobre sesión de mañá e tarde, ás 12:00 e ás 20:00 e 4 e 7 ás 12:00. A entrada é libre. .

Este venres, 2 de outubro, ás 20:00, proxectarase Orixes da animación, con pezas de
Winsor McCay, Edison e Emile Cohl.


Podes descargar a programación completa aquí
.
 
Publicadas no Doga as subvencións de AGADIC PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 28 September 2009 20:09
There are no translations available.

Acaban de publicarse no DOGA as resolucións correspondentes ás axudas e subvencións concedidas ao audiovisual polo AGADIC.
Pódese consultar o DOGA aquí: http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaSeccion/35216?OpenDocument

Devanditas axudas non eran oficiais ata que non foran publicadas no DOGA, e isto estaba bloqueando a tramitación do adianto do 50% ao que poden acollerse algunhas de estas subvencións.

A publicación, aínda que benvida, chega tarde, ao igual que as resolucións (recordemos que se convocaron o pasado febreiro e resolvéronse ben entrado o verán), máis tendo en conta que a data improrrogable de entrega das producións mantense no 31 de outubro, data esta que parece ser a única que non pode sufrir ampliacións ou atrasos.

Por outra banda, botase de menos a transparencia a que nos acostumaron estes anos, nos que a composición das comisións era publicada antes da propia resolución.


Esperemos que no futuro, xa sen a desculpa das présas estes aspectos se melloren.

 
Vigo 1:10, proxecto audiovisual xuvenil PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 25 September 2009 08:09
There are no translations available.

O concello de Vigo, xunto coa asociación xuvenil Abertal, acaban de arrancar unha interesante proposta de festival audiovisual orientado á xuventude da cidade, que se desenvolverá ata esta fin de semana.

Segundo eles mesmos o festival de Curtametraxes Vigounhaedez nace no contexto dun proxecto de participación xuvenil no que un grupo de mozos e mozas de entre 15 e 30 anos de Vigo veñen participando durante todo este ano. 
A idea do festival xorde para construír un espazo de encontro no que xuntar xente moza que empeza no audiovisual, para coñecerse, ensinar o que andan a facer, aprender uns de outros e sobre todo pasalo ben facendo algo que lles gusta... o cine. 

Trátase da primeira edición, e queren que serva como punto de arranque de novos proxectos e propostas.
A participación nas diferentes ofertas está aberta a tódolos interesados/as, atendendo as limitacións de aforo de cada actividade, que abarca dende proxeccións a obradoiros e un concerto de peche de festa.

Se andas por Vigo, non deberías de deixar de acercarte.

Máis información na web: VIGO 1:10

 
OUFF/EAVE Marterclasses 2009 PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 28 September 2009 15:20
There are no translations available.

OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, en asociación co Programa Europeo EAVE, presenta tódolos anos tres Masterclasses adicadas ás escolas de cine e aos profesionais do audiovisual galego e internacional.
As prazas están limitas a un máximo de 50 persoas, e a inscrición é de 30€. Os interesados deben dirixirse ao enderezo electrónico:  This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
Este ano a programación  resúmese do seguinte xeito:

Masterclass 1: Saltando da produción de curtas á longametraxe, a cargo de Jean des Forets
Centro Cultural da Deputación de Ourense, luns 12 outubro: 10:00 - 14:00 horas 


Masterclass 2: Co-producindo en Europa, A cargo de Olimpia Pont Chaffer
Centro Cultural da Deputación de Ourense, martes 13 outubro: 10:00 - 14:00 horas

Masterclass 3: Desenvolvemento de produción documental, a cargo de Lise Lense Müller
Centro Cultural da Deputación de Ourense, mercores 14 outubro: 10:00 - 14:00 horas

Ademáis distas masterclasses o xoves 15 está programada a sesión especial titulada Os fondos rexionais de axuda á produción audiovisual en Europa, a cargo de Gabriele Röthemeyer, responsable do Fondo Audiovisual de MFG Filmförderung Baden-Württemberg en Alemaña.

Máis información sobre os poñentes, e resto da programación en: http://www.ouff.org/index.php/content/view/2141/237/lang,galician/

 
Estrea oficial de A nena que tiña unha soa orella PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 18 September 2009 16:59
There are no translations available.

Mañá sábado 19, terá lugar en Ferrol, a estrea oficial da curta "A nena que tiña unha soa orella" da que xa falamos hai tempo por aquí, na súa preestrea.

A curta na que colabora o noso compañeiro Rubén Coca é unha curtametraxe de animación que está inspirada no relato da escritora Lucía Etxebarría "La fanstástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña" e nas ilustracións que para el realizou o tamén galego Víctor Coyote, producida por
Rubén Coca e dirixida por Álvaro León e realizada coa colaboración da Xunta de Galicia e os Concellos de Ferrol e Narón.


Se queres asistir á estrea debes chamar ao 981 944 245 e reservar praza, porque seguro que o Teatro Jofre vai estar a tope.

(segue as instruccións da invitación na esquerda)

Ademáis
Rubén está de dobre noraboa, xa que onte mesmo recibiu o premio do público con “La princesa Alegría” no  XVIII Festival de Cine de Madrid-PNR.

Como adianto podemos ver o trailer de "A nena que tiña unha soa orella".


 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 5 of 12