Welcome to CREA
Documento do OAG sobre a importancia do sector audiovisual galego PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 04 November 2009 11:45
There are no translations available.

O Observatorio Audiovisual Galego ven de publicar un documento que permite coñecer a importancia económica do audiovisual galego no ano 2007 (últimos datos dispoñibles), atendendo aos datos oficiais do Rexistro Mercantil.

Podedes descargar o documento nesta ligazón: PDF (196KB) MONOGRÁFICO Datos económicos del sector II DEF
 
Publicada no BOE a Orden Ministerial que desenvolve a lei do cine. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 01 November 2009 19:54
There are no translations available.

O pasado día 24 de outubro publicouse no BOE A Orden Ministerial que dita as normas de aplicación do Real Decreto 2062/2008, do 12 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cine, nas materias de recoñecemento do custo dunha película e inversión do produtor, establecemento das bases reguladoras das axudas estatais e estrutura do Rexistro Administrativo de empresas Cinematográficas e Audiovisuais.

Tedes o texto integro nesta ligazón: http://www.boe.es/boe/dias/2009/10/24/pdfs/BOE-A-2009-16839.pdf

 
2ª Mostra “Cinema e Sociedade. Ferrol 2009” con mención especial a CREA PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 01 November 2009 19:39
There are no translations available.

A Asociación Cultural e de Promoción Social “CONXEITO”, organiza a segunda edición da "Mostra Cinema e Sociedade. Ferrol 2009” que terá lugar no Teatro Jofre, dende o luns 2 de novembro ata o próximo mércores 4 de novembro.
A gala de clausura este ano está adicada ao colectivo CREA, Asociación dos Directores e Creadores Galegos.

O programa completo das proxeccións é o seguinte:
Ciclo de Directores e Creadores Galegos

Luns 2 de novembro, 19h.
Proxección das curtametraxes:
"1842-2002”, de Belén Montero e Juan Lesta
“Elixidos”, de Chema Gagino
"Cores" de Jairo Iglesias

Luns 2 de novembro, 18h.
Proxección de “Flores Tristes”, de Manuel Abad

Martes 3 de novembro, 18h.
Proxección de “El año de la garrapata”, de Jorge Coira

Martes 3 de novembro, 18h.
Proxección de  “Dame algo”, de Hector Carré

Mércores 4 de novembro, 18h.
Proxección de “Un cuento para Olivia”, de Manane Rodríguez

Mércores 4 de novembro, 20h.
Clausura e mención especial.

 
O ateneo ferrolán convoca a IX Mostra de Curtametraxes PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Saturday, 24 October 2009 17:32
There are no translations available.

Os días 21, 22 e 23 de decembro de 2009, terán lugar no Ateneo Ferrolán as IX XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES.

Nestes días amosaranse curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos en especial.


O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.



Dende o ateneo fan un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, para que lles acheguen os seus traballos en formato DVD, ou se poñan en contacto con eles antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.


Admítense todo tipo de curtamentraxes.

Podes contactar con eles no teléfonos  981 357 970 e no enderezo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
Máis info no seu blog: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
 
Resposta e réplica da carta a Zapatero sobre o 5% PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 21 October 2009 19:49
There are no translations available.

Hai poucos días, aquí mesmo faciamos pública unha carta que a Coordinadora de asociacións de profesionais do audiovisual remitía ao Presidente Zapatero, sobre o asunto da obriga da inversión do 5% en cine por parte das televisións.
Dita carta obtivo resposta, e replica por parte da coordinadora da que CREA forma parte.
Podes consultar a resposta de Zapatero, e a réplica da Coordinadora nesta [ligazón]
 
Dani de la Torre roda Mar Libre PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 23 October 2009 11:05
There are no translations available.

O noso compañeiro Dani de la Torre está a rodar a súa (longametraxe) opera prima, Mar Libre.
Producida por Ficción Producciones e coa participación da TVG e TV3, se presentará como longametraxe de 140' e como miniserie de dous capítulos de 70'.
A película é unha  historia de época e aventuras ambientada nas Rías Baixas e na costa da Morte a finais do século XVIII. O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar.

Como mostra xa podemos ver una adianto en forma de trailer.

/////Actualización 23 Oct- 16:40h
Escribeme Dani de la Torre para comentar que a rodaxe xa rematou felizmente o pasado luns, e que xa está en fase de posprodución.
Asimesmo, envíame unha nova versión (ampliada e mellorada) do trailer de adianto, que acabo de sustituir.

 
Arrancan os festivais OUFF e Curtocircuito PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Sunday, 11 October 2009 12:05
There are no translations available.

Onte tivo lugar a presentación das semanas de programación oficial e competitiva dos dous principais festivais audiovisuais de Galicia, Ourense Film Festival, e Curtocircuito.
Ambas citas contan cunha interesantísima sección oficial, ademais de ciclos como o dedicado ao imprescindible Norman McLaren no OUFF.  Obradoiros e cantidade de actividades paralelas, completan a programación de ambos festivais.

Como non podía ser de outro xeito, estes festivais contan coa presenza de realizadores compañeiros de CREA, que presentan o seu traballo.
Entre outros poderemos ver pezas de:
Jairo Iglesias, Campás, en ambos festivais
Jorge Algora, La mirada de ANA, en OUFF
Mario Iglesias, Relatos, en OUFF
Rubén Coca, A nena que tiña unha soa orella, en ambos festivais
Pachi Baranda, Alternativa cero, en OUFF
Juan Lesta & Belén Montero, ANIM 01 en Curtocircuito
Teo Manuel Abad, Flores Tristes, en OUFF

Recomendamos que repases os programas dos festivais e que prepares o teu programa persoal para toda a semana.
É unha magoa que coincidan nas datas, xa que fai imposible asistir a todo, e non é doado elixir.

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 4 of 12