"En mi vida privada soy un hijo de puta... Cómo director de cine lo soy aún más."
--Ingmar Bergman
axencia
“9 Olas, detrás de técnica” O fluxo de traballo no cine dixital por Jairo Iglesias PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Martes, 21 de Mayo de 2013 11:56

Nos últimos 10-15 anos o mundo da produción audiovisual mudou radicalmente coa chegada de novas tecnoloxías que  “democratizaron” os custes de produción.
Moitos de nós lembramos o abráiante que resultou comprobar que co DV era posible ter un equipo completo de gravación e edición nunha mochila e ¡¡por menos de 3.000€!!. E isto foi só o principio, logo chegou o HDV, as Red, as DSLR, BlackMagic, a baixada de prezos do software, e a historia non parece que estea cerca de rematar nin moito menos.
A filosofía de traballo tamén mudou moito e a costume, afortunadamente xa desfasada, de non compartir os nosos coñecementos co resto de compañeiros pasou á historia, quedando demostrado que  o feito de difundir e espallar o noso coñecemento revirte en beneficios a medio ou longo prazo.
O compañeiro Jairo Iglesias parece ter moi claro este concepto, e desde a súa produtora PixelFilms sacaron recentemente un documento onde contan polo miudo o proceso de produción técnica da longa 9 Olas.
Neste documento dispoñible totalmente de balde en formato PDF e para iPad  Jairo e os seus compañeiros contan paso a paso como resolveron todos os aspectos técnicos: a preprodución, o deseño de iluminación, o equipo utilizado, os métodos de traballo, a posproducción, a etalonaxe, a corrección de cor, ou masterización e un longo etcétera son abordados en detalle.
Se te interesa coñecer máis sobre os aspectos técnicos e o fluxo de traballo no cine dixital non debes perderte esta publicación dispoñible na web de Pixelfilms.
 
Damos a benvida a Dani de la Torre, Juan Galiñanes e Fernando Cortizo PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Jueves, 16 de Mayo de 2013 11:48

Na última asemblea xeral de CREA, entre moitos outros asuntos, aprobouse por unanimidade a entrada como socios de tres novos compañeiros: Dani de la Torre, Juan Galiñanes e Fernando Cortizo.
Sempre é unha alegría que novos directores engrosen a lista de asociados de CREA, e seguiremos traballando para aglutinar ao maior número posible de directores-realizadores, para facer mellorar e medrar esta asociación.

Para que coñezades mellor a estes tres compañeiros deixámosvos uns exemplos dos seus interesantes traballos:
Fernando Cortizo, O Apóstolo



Dani de la Torre, Director ShowReel 2012


Juan Galiñanes, Historias de la torre

 
Obradoiro de cinema expandido por Claudio Caldini no MAC PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Miércoles, 15 de Mayo de 2013 20:19

Achéganse dúas citas importantes na axenda do audiovisual galego, o Festival de Cans e a Mostra de cinema periférico S8, dos que iremos falado de aquí en adiante.
Dentro da sempre interesantísima programación da S8 inclúese un obradoiro de cinema expandido que se impartira no MAC da Coruña, dentro da proposta levará a S8 a diversos espazos da cidade ocupando o MAC, o CGAI A Fundación Luis Seoane, Tetro Colón, e a sede Fundación Novacaixagalicia.

Este obradoiro a cargo de Claudio Caldini, desenvolverá por primeira vez en España un obradoiro sobre as posibilidades creativas da proxección cinematográfica en vivo, un laboratorio de creación onde ampliar o campo de exploración sensorial e reflexiva  o través da multiplicidade e a simultaneidade de operacións audiovisuais “en vivo” centradas no a tecnoloxía óptico-mecánica do cinema e a súa interacción, nos que se explorarán disciplinas artísticas diversas como:
-Proxección en paralelo e proxección en serie.
-Estética do loop.
-Fotograma e obturador.
-Obturadores externos.
-Cinema sen película.
-Síntese aditiva da cor.
-Filtros.
-Retroproxección.
-Teatralidade mecánica do operador.
-O texto da performance.
-Gravación, reprodución e procesamento do son magnético no proxector de Super 8.

O obradoiro terá lugar no MAC o luns 10 de xuño de 10 a 14h e de 16 a 20h e o martes 11 de  10 a 14h e de 16 a 19h.
O prezo da matrícula é de 60€ e as prazas están limitadas a 12.

Como remate desta actividade o mesmo Claudio Caldini dará unha conferencia o mesmo 11 de xuño ás 20h no MAC.

Toda a información, e follas de inscrición na web do MAC.

 
A Comisión Europea abre período de consulta para definir o apoio ao cine PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Martes, 07 de Mayo de 2013 12:53

Recentemente a Comisión Europea abriu un período de debate para definir a súa política de axudas ao cine.
Esta consulta está aberta ata o vindeiro  día 28 de maio, e convidase a todos os cidadáns, empresas e colectivos que o desexen a enviar a súas achegas para axudar a deseñar esta liña de axudas para os vindeiros anos, tras o remate dos anteriores programas o pasado 31 de decembro de 2012.

Existe un borrador de traballo que podemos descargar en castelán nesta web, na que ademais atoparemos documentos relacionados co tema e moita máis información.

Cabe destacar que a proposta en forma de borrador prevé axudas nun maior ámbito de actividades e e durate todo o proceso creativo. Tamén se suliña o principio de subsidiariedade para a política cultural e o respecto dos principios do mercado interior, ademáis prevese elevar o nivel máximo de intensidade de axuda para as producións transfronterizas e contémplase a protección do patrimonio cinematográfico e o acceso ao mesmo.

Non deberíamos de deixar escapar esta oportunidade para facer chegar as nosas ideas,  xa que desgrazadamente o feito de abrir un período de debate aberto non é a norma.

Toda a información na web: Assessing State aid for films and other audiovisual works

 
Cineastas en acción, o mundo a través doutros obxectivos PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Lunes, 06 de Mayo de 2013 11:47


Hoxe queremos presentarvos unha ONG que leva facendo un interesantísimo traballo en África, levando a creación audiovisual onde desgraciadamente non chega, dando posibilidades expresivas a quen non dispón delas, e estreitando ligazóns entre España e África, Cineastas en Acción.

Cineastas en Acción é unha organización sen ánimo de lucro que ten como fin promover o intercambio cultural entre África e Españá través do cinema e o audiovisual.
Entre os seus obxectivos principais atópanse:
  • Fomentar no continente africano a creación de proxectos educativos, talleres e cursos co fin de desenvolver diferentes disciplinas relacionadas coa cinematografía.
  • Promover o intercambio entre cineastas africanos e españois, a través de debates, cinema fórum, mostras de cinema, festivais, etc.
  • Desenvolver proxectos cinematográficos de caracter social entre entidades africanas e españolas
  • Promover entre os xoves de ambos os continentes, unha educación baseada na tolerancia e o respecto mutuo, utilizando para iso o visionado de películas e documentais.
  • Conceder bolsas aos mellores estudantes de países africanos para ampliar os estudos relacionados coa cinematografía.

Esta ONG ten actualmente en funcionamento dúas accións para apoiar o desenvolvemento daa súas actividades en África, por unha banda as Vacacións solidarias, e por outra a recollida de material audiovisual para os seus obradoiros.

Vacacións solidarias
Este ano organizan a segunda edición das súas Vacacións solidarias en Senegal. Entre xullo e agosto, grupos de 15 persoas terán a oportunidade de integrarse nas comunidades autóctonas de Enampore e participar en obradoiros propostos polos propios voluntarios como, por exemplo, música, baile, cociña ou radio. Até o momento, os talleres de cinema e fotografía de Cineastas sen Fronteiras ofreceron unha oportunidade de futuro a uns 120 nenos e nenas de Senegal.

Os viaxeiros pasarán unhas vacacións inesquecibles axudando nun microproxecto de cooperación que, desde o ano 2010, trata de favorecer o intercambio cultural entre España e África, afastando tópicos e prexuízos. Ademais, durante a súa estancia de convivencia e intercambio, os viaxeiros poderán aprender francés e gozar de turismo sustentable: visitas aos arrozais, unha xornada de pesca no río Casamance ou excursións ás aldeas próximas nunha contorna de excepción.

Tedes toda a información sobre esta viaxe na web e neste PDF (400KB)

Doazón de equipamento
Se non somos amigos da aventura podemos colaborar con Cineastas en Acción doando equipo novo ou vello para que eles lle poidan dar unha segunda vida nos obradoiros que organizan.
Se tes algún equipo almacenado, novo, usado, ou vello pero que se poida arranxar, podes doalo a Cineastas en Acción.
Buscan principalmente cámaras de fotos ou vídeo e ordenadores portátiles.
Toda a información neste PDF (1,1MB)

Se non tes aparatos que doar, e tampouco queres ir de vacacións a Senegal, pero queres aportar algo a Cineastas en Acción, podes facelo facendo unha doazón, facéndote socio, ou facéndote voluntario.

 
Guión Adaptado: Da novela gráfica ao guión de animación PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Viernes, 03 de Mayo de 2013 12:10


O noso compañeiro Ángel de la Cruz vai impartir unha clase maxistral organizada polos colegas de AGAG.
Ángel contará polo miúdo o proceso de adaptación que fixo na archigalardonada Enrrugas da que é guionista.
Dito guión conseguiu acadar por primeira vez o premio Goya áo mellor guión adaptado para unha película de animación.

A clase maxistral terá lugar o vindeiro venres 10 de maio na sede da SGAE de Santiago de Compostela, en horario de 17h a 20:30 e este é o programa:

17h.-18.30h. Parte 1
1. Idea / posicionamento
2. Documentación / Investigación
3. Sintese / Sinopse
4. Estrutura

Descanso 15 min.

18.45h. - 20.30h. Parte 2
5. Escaleta / Tratamento
6. Personaxes / Diálogos
7. Guión final
8. Venta e comercialización

As prazas están limitadas e aceptanse inscricións ata o día 9.
A matrícula costa 30€ en tarifa xera, 10€ para socios de AGAG, e 25€ para estudantes de audiovisual.

Tedes toda a información deste evento na súa páxina de Facebook.
 
Hoxe é o Día Mundial da Propiedade Intelectual. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Viernes, 26 de Abril de 2013 11:16


Hoxe a OMPI (Organización Mundial da Propiedade Intelectual) organismo dependente da estrutura das Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Propiedade Intelectual.
Os dereitos de autor que detentamos os creadores audiovisuais están incluídos dentro das modalidades que abrangue esta propiedade, e que inclúe patentes, dereitos de autor, marcas e deseños.
Esta data elixiuse porque foi un 26 de abril de 1970 cando se constituíu a propia OMPI

Este ano o lema é “Creatividade, a nova xeración” e hai cantidade de eventos programados arredor do mundo, desgraciadamente, poucos en España e ningún en Galicia.

Podes buscar actividades para este día no mapa oficial, e seguir o evento por Facebook.
Moita máis información sobre Propiedade intelectual e as propias actividades da OMPI na súa web.
 
Recollida de sinaturas contra a desaparición da Excepción Cultural PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Jueves, 25 de Abril de 2013 15:23
Pétition : THE CULTURAL EXCEPTION IS NON-NEGOTIABLE!
THE CULTURAL EXCEPTION IS NON-NEGOTIABLE!


En 1993 nas negociacións do GATT (General Agreement on Tariffs and Trade) que regulan o mercado internacional, a petición de Francia, foi introducido o concepto de Excepción Cultural, que impediu que a cultura fose incluída e tratada dentro destes acordos, e polo tanto que fose considerada de xeito distinto a como se negocia con mercadorías tradicionais (trigo, patacas, carbón, coches, etc).
Este trato especial protexeu e fomentou o desenvolvemento das culturas locais europeas, as súas linguas e a diversidade cultural que de sempre diferenciou a Europa.

Froito disto Francia, que aplicou esta Excepción Cultural sen ter en conta o color dos gobernos, tivo un éxito comercial sen precedentes (46% cota de mercado interno no cinema).

Se nada o remedia, o vindeiro 13 de maio, a Comisión Europea ten planeado da man de Durao Barroso, dinamitar a Excepción Cultural e tratar á Cultura de igual xeito que se estivésemos a falar de millo. As consecuencias poden ser devastadoras para a cultura europea, xa que a invasión de produtos USA sen ningún tipo de límite afogará definitivamente ao audiovisual local.


Non debemos de esquecer que o mercado USA é posiblemente un dos máis proteccionistas do mundo de co seu audiovisual, xa que aproveita a súa posición absolutamente consolidada nun mercado desequilibrado, e se deixamos que o mercado “regule” o sector cultural sen ningún tipo de control, o que podemos ver é como somos barridos polas multinacionais norteamericanas.

Temos que recordar que os produtos USA chegan a Europa xa amortizados co que invisten en publicidade cantidades inxentes de diñeiro que barren aos produtos locais.
As exhibidoras americanas teñen pechadas as portas aos contidos europeos.
Os exhibidores e as delegacións das distribuidoras americanas xogan a os "paquetes de películas", e dicir: un exhibidor ten a obriga de programar películas mediocres feitas nos EEUU se non quere quedar fora dos verdadeiros "taquillazos".
Con isto, unha vez máis, o mercado europeo estaría xogando en clara desvantaxe. O sector está a favor de competir en igualdade de condicións, pero desregular a cultura é dar clara vantaxe aos produtos norteamericanos fronte aos locais.

Se cres que a excepción cultural debe manterse como tal, podes asinar esta petición online:
THE CULTURAL EXCEPTION IS NON-NEGOTIABLE!

 
Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Jueves, 18 de Abril de 2013 11:06


En CREA estamos constantemente dándolle voltas e analizando o sector para tratar de atopar xeitos e formas que puideran mellorar as condicións laborais creativas e profesionais dos directores, e a todo o colectivo audiovisual de Galicia.
Froito destes pensamentos e reflexións, de ideas de éxito noutros países, e de largas conversas cos diferentes actores do sector, redactamos este documento que vos presentamos:
Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia
Nel atoparedes a nosa resposta a como cremos que debería de ser o noso sector, as súas relacións, cales son os nosos problemas e como cremos que se poderían arranxar, e cara a onde deberíamos de camiñar  no futuro.

O documento está estruturado en 11 puntos:

1.-Introdución
2.-Consideracións xerais sobre a Agadic
3.-Internacionalización
4.-Liñas de axudas
5.-Promoción e difución
6.-Protección laboral do traballo creativo
7.-Comunicación co sector
8.-Formación
9.-Outras consideracións
10.-Conclusións finais

Podes descargar o documento completo en formato PDF (1MB) nesta ligazón:
Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia

E por suposto, se tes algún comentario, crítica ou achega, non dubides en facérnola saber.

AVISO: por erro durante o día 18 estivo enlazado un arquivo non actualizado do noso documento. Pregamos, se o descargache nese período, volvas a descargar o arquivo actualizado. Desculpade.

 
Desfruta do Images Festival na túa casa e de balde PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Lesta   
Lunes, 15 de Abril de 2013 11:15


Afortunadamente cada vez son máis os festivais que cruzan a fronteira do físico e poñen a súa programación ao dispor da audiencia global en Internet.
Hai uns días falabamos de Márgenes, que abriu a sección oficial na súa propia web por 5€, e hoxe recomendámosche acceder ao festival de cinema experimentar normeamericano Images Festival, que pon á disposición do público unha selección de 20 películas que poderás visionar a través da plataforma MUBI totalmente de balde!
O Images Festival é un dos máis importantes festivais dedicados ao cinema experimental de EEUU, e de MUBI xa temos falado moitas veces por aquí, xa que é a plataforma de cine online especializada en cine de autor, na que por 7,99€/mes podes acceder a un impresionante catálogo de cine de alta calidade, ademáis de que colabora con festivais da talla de Cannes, Bafici, Locarno, Sundandce e moitos máis, para poñer online parte da súa programación.

O visionado online de balde remata o vindeiro 20 de abril así que monta a túa  alfombra vermella no salón axiña.
Non esquezas que tamén podes probar MUBI durante 14 días totalmente de balde.

Podes acceder á programación do Images Festival no apartado especial en Mubi.
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 26