Cursos de formación audiovisual para profesionais do sector en activo.
Written by Juan Lesta
Tuesday, 19 January 2010 14:25
There are no translations available.
O Cluster Audiovisual Galego vai desenvolver un proxecto baseado en cinco cursos de formación audiovisual para profesionais do sector en activo.
O plan está enmarcado nunha iniciativa de cooperación interrexional co Proxecto Universidade Empresa (PUE), que auna a empresa privada e á Universitat Politècnica de Catalunya-, a Corporación Aragonesa de Televisión e o CLAG. En colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro de novas Tecnoloxías de Galicia.
Os cursos ofrecidos son: A realización da animación por ordenador: da idea á producción final 30 horas, bo 8 ó 12 de Febreiro de 16:00 a 22:00
Gravación e posproducción en HD 40 horas, do 22 de Febreiro ó 5 de Marzo de 16:00 a 20:00 Desenvolvemento de contidos para móbiles 30 horas, do 8 ó 15 de Marzo de 16:00 a 21:00
Técnicas avanzadas de edición 12 horas, do 16 ó18 de Marzo de 16:00 a 20:00
Programación en televisión dixital 20 horas, do 22 ó 26 de Marzo de 16:00 a 20:00
Se estades interesados encontraredes o formulario de inscrición na web do CNTG, seguindo as seguintes instrucións: No seguinte link accededes directamente á área de Formación do CNTG: http://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion
Na sección Formación do menú Actividades, compre seleccionar como área de formación a correspondente a: “deseño gráfico, programación multimedia e contornas audiovisuais”; aí mesmo aparecerá un listado no que figuran, entre outros, os cinco cursos. Pinchando sobre cada un, accedese a toda a información completa de cada un deles, incluído o boletín de inscrición.
O Museo de Arte Contemporáneo UNION FENOSA en colaboración co Concello da Coruña, programan ata o vindeiro 10 de abril 14 películas de animación especialmente dedicadas aos máis cativos, e totalmente de balde.
A programación inclúe entre outros Space Jam, Tintín e o Templo do Sol, Asterix o galo, ou O intrépido Lucky Luke. Todas elas proxectadas os sábados ás 18h.
Podedes descargar un PDF (2,1MB) coa programación completa AQUÍ, ou visitar a web do propio MACUF para ampliar información.
Non está confirmado, pero imaxino que a entrada estará permitida ainda que non sexas demasiado cativo e non vais acompañado dun menor.
O vindeiro xoves día 7 de xaneiro, ás 20 horas, a nosa compañeira Manane Rodríguez, estréa no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, a longametraxe documental MEMORIAS ROTAS.
Seguindo as pegadas dun romance popular, e a través dos relatos de quen foron testemuñas dos feitos, e dos seus descendentes, MEMORIAS ROTAS conta o tráxico destino dun grupo de milicianos do Batallón Galicia que tras defender a sangue e lume os seus ideais de liberdade na Fronte Norte republicana foron dados por desaparecidos.
A longa dá testemuño do destino dese grupo de homes, que lideraba o dirixente anarquista coruñés José Moreno Torres, o Comandante Moreno, á vez que traza un mosaico de informacións que suxiren a dolorosa atmosfera da guerra civil española.
O filme, producido por Xamalú Filmes en colaboración coa Televisión de Galicia, foi rodado en varias fases durante 2008 e 2009 en diversos lugares de Asturias e Galicia.
Na estrea estarán presentes a directora, os membros do equipo que colaborou na realización do documental e algúns dos protagonistas do mesmo, un protagonismo coral xeneroso e valente que permitiu, setenta e dous anos despois, unha reparación cívica e moral ás vítimas.
Nota de prensa da Coordinadora de asociacións profesionais do audiovisual galego.
Written by Juan Lesta
Thursday, 17 December 2009 12:18
There are no translations available.
A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego mantivo unha reunión para abordar varios temas. Nesa reunión, a Coordinadora decidiu facer pública a súa postura en relación á Orde que desenrola a Lei do Cine aprobada polo Goberno Central, Orde que nestes momentos está recorrida na Unión Europea.
A Coordinadora efectuou unha denuncia na Unión Europea contra esta Lei incidindo na defensa da excepcionalidade cultural de Galicia e da produción cinematográfica independente no estado. Feitos estes, que a Orde desfavorece por completo e que están no espírito e letra da lexislación Europea, isto é promover unha práctica cinematográfica de carácter cultural, artístico e social acorde cos principios da Diversidade Cultural.
A Coordinadora xa ten escrito cartas explicando a súa postura diante da Presidencia do Goberno, da Ministra de Cultura, do Director do ICAA, e por ultimo diante da Unión Europea, para advertirlles e denunciar as contradición existentes entre as súas iniciativas lexislativas e a lexislación europea, como o proxecto de Lei de Comunicación Audiovisual coa cesión do 5 % para series, ou o Decreto da Lei do Cine publicado no BOE irresponsablemente sen a correspondente aprobación de Bruxelas..
A Orde do conflito, hoxe paralizada, levaría, de non corrixirse, a frustrar o desenvolvemento presente e futuro dun cine en galego e español independentes, entre outras consecuencias, por iso está no centro das preocupacións da Coordinadora, que así llo expuxo recentemente a Ignasi Guardáns, Director do ICAA nunha entrevista mantida en Santiago de Compostela.
A Coordinadora non entende nin comparte as acusacións dos que din que, tanto á parálise da Orde como o parón na produción cinematográfica proveñen das reclamacións presentadas en Bruxelas cando é evidente que é a súa temeraria publicación no BOE sen a correspondente autorización europea a única que pode paralizar o sector ou poñer en perigo a produción do ano que ven. Nunca se debeu publicar unha Orde sabendo que a Unión Europea tiña motivos máis que suficientes para rexeitala.
O parlamentario da Unión Europea Oriol Junqueras, do grupo Europa dos Pobos-Verdes (Edp-V) vai realizou a instancias da Coordinadora unha pregunta no Parlamento Europeo en defensa da esixencia dun interese artístico, cultural e social das producións a subvencionar. A Coordinadora, a través da voceira do BNG no Parlamento Europeo Ana Miranda, presentou ademais unha reclamación a Dirección Xeral da Competencia e a Comisión de Cultura do susodito Parlamento, que actualmente a ten en estudo.
A Coordinadora acordou igualmente dirixirse ó Director da CRTVG pedindo explicacións pola anunciada desaparición de varios programas culturais, así como presentar unha serie de propostas conxuntas ante a AGADIC de cara ás próxima convocatoria de axudas ó sector audiovisual.
A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego está integrado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación Galega de Guionistas (AGAG), Asociación de Técnicos de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA)
O noso compañeiro Manu Mayo, presenta este luns Dous de Vintenatos, un documental que aborda a dura realidade da siniestralidade viaria en Galicia. O acto está dirixido aos medios e a aquelas persoas que colaboraron na rodaxe do mesmo.
O documental parte da experiencia en propia persoa de Manu, que perdeu aos seus pais cando tiña 17 anos, e que hai dous, estivo a piques de ter un accidente fatal no mesmo tramo da A6 mal sinalizado, no que máis tarde falecerían dúas persoas.
Manu fai un seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da accidentalidade viaria galega, para achegarnos á durísima realidade que viven as vítimas, e pretende facernos reflexionar e servir didáctimamente para tratar de acabar con “esta lacra social” na que en moitos casos tanto a sociedade como a xustiza parace protexer ao delincuente máis que ás vítimas.
O traballo é unha coprodución entre a TVG e Manu Mayo, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e pronto será programado na propia TVG.
Vigo vai acoller ao longo destas vacacións de Nadal un programa de obradoiros de cinema para os máis pequenos Nadal de Cine. A iniciativa vén da man da Asociación Vigo Film Commission e levarase a cabo no IES Audiovisual de Vigo entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro en sesión de mañá, de 9.00 a 13.30 horas. A proposta, vai dirixida sobre todo ás cativas e cativos de entre 4 e 12 anos.
O obxectivo básico é achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos a través duns obradoiros de cine eminentemente prácticos. Entre outros temas, abordarase cos nenos, a imaxe, a luz, o son, a cámara, montaxe, ou como se realiza unha película.
O número de prazas é limitado polo que aquelas persoas que estean interesadas en inscribir a algún neno deben facelo a través da dirección de correo electrónico
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
indicando os datos do rapaz (nome idade, nome do pai e DNI e tlf. de contácto). O prazo remata o vindeiro venres 18!